Barrios 194
Nesta ocasión traemos en portada as vacinacións da gripe e da covid-19 que se están levando a cabo na provincia de Ourense. Falamos do Halloween que ten preparado o Concello de Ourense para este 31 de outubro con máis de 300 actores preparados para facer pasar unha noite «terrorífica»; ademais Broken Peach e Barón Rojo amenizarán a noite ourensá coa súa música. A Xunta de Galicia presenta os orzamentos con 1.663 millóns de euros para Ourense. E o «Correndo por Ourense» despedíuse ata o ano que vén desde o barrio da Carballeira.
Este ano o concurso da Constitución que organiza a Subdelegación do Goberno en Ourense trae novidades. O CanedoRock cumpre 20 anos e o celebra os días 27 e 28 de outubro.
Do 2 ao 5 de novembro Expourense acolle o 24º Salón Internacional Gastronómico Xantar.
En Barbadás celebraron a Xunta Local de Seguridade. O pleno aprobou cambiar 558 antigas luminarias por luces LED para un maior aforro enerxético. O Concello un tractor rozadora para zonas verdes.
Os maiores de Verín aprenden a manexar o móbil cun curso organizado polo concello. A fibra ultrarrápida chega a 4.000 veciños máis na provincia.
A mostra «Castelao grafista (Facsímile)» estará na sala de exposicións de Verín ata o 18 de novembro. A DO Monterrei recolle 6,9 millóns de uva, a maior colleita da súa história.
Provincia, deportes, ocio, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha