Xinzo quere un Entroido seguro

Celebrouse a Xunta Local de Segurida para ultimas detalles.

Últimos detalles para o Entroido máis seguro en Xinzo de Limia. Para que as festas se desenvolvan sen incidencias, o Concello de Xinzo de Limia conta cun Plan de Autoprotección que ten como obxectivo previr as causas das posibles emerxencias, detectándoas e evitándoas. Tamén garante a fiabilidade dos medios de protección, de forma activa e permanente e programa os plans de actuacións ante calquera incidente. Con este obxectivo, celebrouse na Casa Consistorial unha reunión para coordinar os dispositivos de seguridade deseñados de cara as xornadas festivas.
Cómpre destacar que nas proximidades da praza Maior se instalará un vehículo da Axencia de Emerxencias de Galicia (AXEGA), no que haberá un Posto de Mando Avanzado os días de maior afluencia de persoas.

Durante os días grandes do Entroido contarase, ademais, cos seguintes equipos de intervención: Parque de Bombeiros de Xinzo de Limia, Policía Local, Garda Civil, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Tamén cómpre destacar que estará operativo un posto médico de auxilios, así como efectivos de Cruz Vermella e do CIM para dar resposta coordinada ante calquera incidente coa maior celeridade.

Cómpre subliñar tamén que se instalará videovixilancia en distintos puntos estratéxicos da vila e puntos violetas que velarán pola seguridade das mulleres ante as agresións machistas.
O alcalde, Amador Díaz volve a facer un chamamento ao civismo para que veciñas, veciños e visitantes poidan disfrutar un ano máis do Entroido sen ter que lamentar incidencias.

O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, pediu a la máxima colaboración doutras administración, en concreto da Xunta.

Entroido
En Xinzo, o Entroido dará comezo o sábado, 20 de xaneiro, co Petardazo que terá lugar na praza Carlos Casares. O día 21 chega o domingo Faraleiro; o Oleiro será o domingo 28; o Corredoiro -primeiro día no que desfilan as Pantallas, o domingo 4 de febreiro; o domingo de Entroido, o día 11 e o domingo de Piñata o día 18 de febreiro.