Son as primeiras propostas fílmicas deste 2024 do cineclube.
Chega a Ourense a última película do mestre Víctor Erice, 30 anos despois do Sol do Marmelo, e que roda con 83 anos. Erice é xunto a Buñuel o director español máis influinte, pese a ter unha filmografía escasa de catro longas rodadas en cinco décadas.
CERRAR LOS OJOS
Un célebre actor español, Julio Arenas, desaparece durante a rodaxe dun filme. Aínda que nunca se chega a atopar o seu cadáver, a policía conclúe que sufriu un accidente á beira do mar. Moitos anos despois, esta sorte de misterio volve á actualidade a raíz dun programa de televisión que pretende evocar a figura do actor, ofrecendo como primicia imaxes das últimas escenas nas que participou, rodadas polo que fora o seu íntimo amigo, o director Miguel Garay.
Día: Mércores 17 de xaneiro
Horario: 18.00 e 21.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: 5 euros.
SCRAPPER
É a historia de Georgie, unha nena de doce anos que sobrevive soa tras a morte da súa nai, facendo trampas para que non a pillen os servizos sociais e acompañada sempre do seu amigo Ali. Un día, repentinamente, aparece o seu pai, Jason, ao que nunca coñeceu porque el e a nai separáronse antes de que ela nacese.
Día: Luns 22 de xaneiro
Horario: 20.30 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: De balde para socios, 2,5 euros os non socios.
ANATOMÍA DUNHA CAIDA
Sandra, unha escritora alemá, vive co seu marido Samuel e o seu fillo cego, Daniel, nun chalé no medio dos Alpes franceses. Cando Samuel falece en misteriosas circunstancias, a investigación non pode determinar se se trata dun suicidio ou dun homicidio. Sandra é arrestada e xulgada por asasinato, e o proceso pon a súa tumultuosa relación e a súa ambigua personalidade no punto de mira.
Día: Mércores 24 de xaneiro
Horario: 18.00 e 21.00 horas
Lugar: Casa da Cultura de Ourense -rúa concello, 11-.
Entrada: 5 euros.