Un novo ano e con el chega un novo número de Barrios.
Séntese o Entroido é o título da portada deste novo número de Barrios; e é que a provincia xa comeza a disfrazarse para acoller un Entroido 2024 que agarda de moita troula por todos os recunchos da provincia. Por iso, facemos un avance da programación entroideira de Xinzo, Verín, Celanova, Allariz, Barbadás e a capital ourensá.
Ademais, na portada falamos do bo momento do COB na LEB Ouro; da nova sede do distrito forestal XIV de Verín; da firma de addenda do Plan de Regadía da Limia.
En Verín, desde o 27 e ata o 27 de xaneiro celébranse as sextas xornadas de Novela Negra de Verín #Ficha342 cunha participación de autores de renome. A DO Monterrei e o Concello de Verín firman un convenio de colaboración para promocionar a comarca e os seus viños. Este venres, 26 de xaneiro, o pavillón municipal acolle o encontro amigable de balonmán entre o Ademar León e o Porto.
A cidade de Ourense reabre o parque Ribeiriño despois da súa remodelación. O Concello continúa co seu proxecto de Ourense vertical e inaugura tres novos ascensores (dous na Cruz Alta e outro na Alameda do Cruceiro); e deron comezo os traballos dunha rampla mecánica en Arturo Pérez Serantes. Unha nova campaña de axudas de libros puxo en marcha o concellos para alumnos menores de idade.
Allariz abriu as inscricións para artistas que queiran participar na Semana Santa ao Vivo. A vila alaricana acolle a presentación oficial do proxecto «El Camino Economía Social e Solidaria» na que participan as comunidades autónomas de Galicia, Castela e León, A Rioxa, Aragón e Cataluña.
O Concello de Barbadás mellora o acceso ao núcleo de Pontón na que se realizaron obras de ampliación e acondicionamento. O Centro Empresarial Transfronteirizo ofrece dous niños empresariais para apoiar aos emprendedores. Barbadás rompe o seu teito poboacional e suma un total de 11.171 habitantes.
O pleno do Concello de Xinzo aproba un incremento do orzamento para axuda a domicilio chegando a preto dos 900.000 euros o que supón un 10% do orzamento municipal. Xinzo acolleu unha xuntanza de Policías Locais de Allariz, Barbadás, O Barco de Valdeorras O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo. O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, garantizou o servizo de pediatría na Limia.
O Centro de Saúde de Celanova organiza obradoiros de saúde, e o centro sociocomunitario unha actividade de recuperación do patrimonio a través de historias de vida de persoas maiores. O Club Pato Blanco cumpre 25 anos e o celebra cun acto no auditorio Ilduara este sábado, 27 de xaneiro, ás 19 horas.
Este ano regresa a colaboradora Raquel Sertaje que nos trae a sección «Cartas desde Copenhague»; tampouco faltarán os espazo de Joao Damiao «Desde o outro lado da raia»; e de Miguel Sotel «Chitín» con «Desde a Ponte… a Monterrei».
Provincia, deportes, clasificados e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha