Celebraranse probas combinadas Sub20 e Sub18.
Esta fin de semana, Expourense acolle a última competición da primeira parte da tempada en pista cuberta.
Este Trofeo Ibérico de Probas Combinadas sub18, e sub20 que xunto co Mitin Internacional Transfronteirizo 2 Paises-1 destino supón un fito no camiño na historia desta pista, xa que é a primeira competición de carácter internacional que se celebra nela, na que agardamos sexa un verdadeiro éxito, e que nos achegue máis se se pode ao noso país veciño, no que moitas falamos de 2 países-1 destino. Esperamos poñer o noso pequeno grao de area para que algún día exista un espazo de competición común entre norte de Portugal e España.
A Real Federación Española de Atletismo, segue a elixir ás nosas instalacións para probas do seu calendario. A Federación Galega de Atletismo, Club Ourense Atletismo e Fundación Expourense asumen o reto plantexado e, organizan o Trofeo Ibérico de Probas Combinadas Sub18 – Sub20, que se celebrará os días 16 e 17 de marzo de 2024 na Pista de Atletismo Cuberta de Ourense – Expourense, hoxe denominada pista curta.
Esta proba, reúne aos atletas máis completos das categorías sub18 e sub20, de Portugal e España, que disputarán este encontro na pista que acolleu hai poucos días o Campionato de España absoluto. As probas do heptathlon, na categoría masculina e pentathlon na categoría feminina desputaranse en xornada de tarde o sábado, 16. O resto de probas do heptathlon celebraranse o día 17, en xornada de mañá.
A internacionalidade desta proba permite levar a cabo a iniciativa da celebración do Primeiro Mitin Internacional Transfronteirizo – 2 países 1 destino. O atletismo español en xeral e o galego en particular están moi agradecidos coa Federación Portuguesa de Atletismo, pois sempre recibe espectacularmente aos nosos atletas no país veciño.
Desta forma celebraremos, unhas probas de Mitin onde a participación será compartida entre atletas españois e atletas con licenza portuguesa. Sendo a participación gratuíta para os atletas portugueses. Serán sobre vinte probas para atletas menores, absolutos e veterán que agardamos permitan aos atletas alcanzar seu maior nivel, na xornada do sábado e do domingo.
Cóntase cunha inscrición de máis de 300 atletas, que entre técnicos, persoal federativo e xuíces atraerán a nosa cidade a preto de 500 persoas.
A Tempada arroxa unha cifra récord de competicións cun total de 37 eventos, sen contar ás máis de 120 sesións de adestramentos. Isto supón unha cifra de preto de 30.000 persoas que pasaron polas instalacións da Fundación Expourense, na modalidade de atletismo, o que sumado a tódolos eventos, ferias e congresos convirte ás nosas instalacións nun verdadeiro referente tanto na cidade, na provincia e na comunidade.