Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada deste número trae un novo acordo entre PSOE e PP na Deputación Provincial de Ourense na que se conceden 5,8 millóns máis aos concellos da provincia mediante subvención nominativa. Xa está en funcionamento a nova liña (a número 6) de autobuses urbanos de Ourense con parada, por primeira vez, no pavillón dos Remedios, e paso polo Couto. Ademais, entrevistamos ao alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, e ao director da Xestoría Marcelino Díaz, José Manuel Barreiros.
Presentouse a edición número 29 da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense que terá lugar do 11 de abril ao 9 de maio. Tamén está aberta a exposición RZ8 (Rexemento Zamora 8) en homenaxe ao rexemento que estivo no cuartel de San Francisco. Cáritas estrea a tenda Moda Re- na que se venderá roupa de segunda man.
O Camiño da Armada, en Xinzo, terá a merecida restauración. A Confederación Hidrográfica Miño Sil reconstrúe Trandeiras, que supuxo un investimento de máis de 700.000 euros. A Escola Rural de Saúde do Limia visitou as instalacións de Coren. Xinzo conta cunha Oficina Móbil de Atención á Cidadanía.
Patricia Pazos, nova xefa do Servizo de atención primaria de Celanova; tamén será responsable do desenvolvemento da función comunitaria do centro. A asociación Maravalla busca presidenta; Ánxela González presidiu a Asociación de Mulleres Rurais durante 30 anos.
A Festa do Boi conta os días para a nova edición; o Concello de Allariz presentou as actividades previstas do 25 de maio ao 2 de xuño. Diversión, na Casa da Mocidade; presentóuse a programación desta primavera.
Ourense e Zamora, unidos polo Camiño Mozárabe; as UNED das dúas provincias organizan un ciclo de conferencias. A Deputación quere aforrarse os gastos de reparación da súa fachada; estuda fórmulas legais para reclamar os máis de 100.000 euros que custará.
En deportes, complícase o playoff para o COB; o positivo é que ten moi encarrilada a salvación. Dúas novidades para a Unión Deportiva Ourense; estrea adestrador e volta ao renovado estadio do Couto.
Ocio, clasificados, artigos e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha