«O movimento das coisas» e «A terra prometida».
O Cineclube Padre Feijoo trae esta semana dúas propostas para os máis cinéfilos.
Luns, 22 de abril
O movimento das coisas
Un día de traballo nunha aldea do norte de Portugal. Camiños desertos de vento inquietante. Catro vellas, o campo, o pan, as galiñas. Unha familia de dez fillos nunha granxa mergúllase na inmensidade do tempo. O pai corta unha árbore. Máis aló, a auga dun río habitado por xente. Unha barca, o sol, a praza da vila, a ponte en construción, a veranda, a comida, a densidade e o misticismo do domingo, a misa e a feira. Nese lugar, Isabel móvese coa ollada posta no futuro. Para os demais, o sentido da vida é só vivir. E o tempo corre entre o amencer e a tardiña.
Horario: 20.30h
Lugar: Casa da Cultura de Ourense – antiga Biblioteca pública (r/ Concello, 11).
Entrada: de balde para socios; 2,50 euros, non socios.
Mércores, 24 de abril
A terra prometida
En 1755, o empobrecido capitán Ludvig Kahlen disponse a conquistar os duros e inhóspitos páramos daneses cun obxectivo aparentemente imposible: crear unha colonia no nome do rei. A cambio, recibirá un nome real que anhela con desesperación. Porén, o único gobernante da zona, o despiadado Frederik de Schinkel, cre arrogantemente que esa terra lle pertenece. Cando de Schinkel se percata de que a súa criada Ann Barbara e o seu servil marido escaparon para refuxiarse con Kahlen, o privilexiado e rancoroso gobernante xura vinganza e promete facer todo o que estea ao seu alcance para escorrentar o capitán. Pero Kahlen non se deixa intimidar e emprende unha batalla tan desigual que poñerá en risco non só a súa vida, senón tamén á familia de personas marxinadas que se formaron ao seu redor.
Horario: 18.00 e 21.00h
Lugar: Casa da Cultura de Ourense – antiga Biblioteca pública (r/ Concello, 11).
Entrada: 5 euros.