As películas que se proxectarán son «Leningrado cowboys go America» e «Family life».
Esta semana o Cineclube Padre Feijoo propón dúas películas dos directores Aki Kaurimaski e Ken Loach.
Luns, 29 de abril
Leningrado cowboys go America
Os Leningrad Cowboys viaxan co seu representante a Estados Unidos na procura de fama e fortuna. Alí coñecen a un home que os contrata para que toquen na voda do seu primo en México, polo que terán que cruzar todo o país en coche para chegar a tempo.
Horario: 20.30h
Lugar: Casa da Cultura de Ourense – antiga Biblioteca pública (r/ Concello, 11).
Entrada: de balde para socios; 2,50 euros, non socios.
Martes, 30 de abril
Family life
Unha moza de dezanove anos, é obrigada polos seus pais para interromper un embarazo co que ela desexa continuar. En pouco tempo a incomunicación que experimentan pais e filla desemboca nun abismo insalvable.
Horario: 19.30h
Lugar: Casa da Cultura de Ourense – antiga Biblioteca pública (r/ Concello, 11).
Entrada: 4 euros.