O próximo domingo, 5 de maio, na Piscina Municipal de Allariz.
O próximo domingo, 5 de maio, na Piscina Municipal de Allariz, situada no Complexo Deportivo de Vilanova, será o epicentro do Campionato Galego de Apnea Indoor 2024 (Open), organizado polo Club Pérez Sub. A proba dará comezo ás 09:30h da mañá e dende a organización estiman que durará ata ás 14:30h.
A apnea, unha das especialidades menos coñecidas pero máis desafiantes dos deportes subacuáticos, será a protagonista indiscutible desta competición. Anualmente, as principais figuras desta disciplina reúnense en Galicia para os campionatos galegos, e este ano Allariz foi seleccionada como a sede para este emocionante desafío.
A apnea, que implica mergullarse na auga e conter a respiración, é considerada unha actividade deportiva extrema. As modalidades varían desde a estática (sen desprazamento) ata a dinámica (realizando desprazamentos), e esta competición incluirá tanto categorías femininas como masculinas.
En Galicia, a práctica da apnea está estreitamente ligada á pesca submarina e conta con máis de dúas décadas de historia. Como destacaron o presidente e o secretario do Club Pérez Sub durante a presentación, a apnea non se limita exclusivamente ás zonas costeiras, e Allariz ofrece un entorno magnífico para a súa práctica.
Esperase a participación de destacadas figuras deste deporte tanto a nivel autonómico, estatal e internacional, que buscarán superar as marcas establecidas na edición anterior. Cabe destacar a presenza de deportistas que compiten xa a nivel internacional en campionatos como poden ser os Xogos Olímpicos.