Tamén existe a opción de ‘internet rural’ para onde non chega a fibra.
O concello ourensán de Allariz xa dispón de cobertura de fibra óptica ata o fogar (FTTH) en máis de 7.500 fogares e empresas que poden gozar dende este momento dos servizos máis avanzados de telecomunicacións coa tecnoloxía máis rápida do mercado.
A cifra de inmobles conectados á rede de R incrementouse recentemente en Allariz grazas ao acordo do operador co grosista tamén galego de fibra óptica ‘Rede Aberta’. Froito desta alianza uns 2.000 inmobles dos núcleos de Allariz, Augas Santas, Folgoso, Meire, Os Espiñeiros, Queiroás, Requeixo de Valverde, San Mamede de Urros, Santa Baia de Urros e Santo Estevo sumáronse á infraestrutura de R, co que a poboación destas zonas tamén disporá de accesos ultrarrápidos a Internet de ata 1 xiga simétrico (subida e baixada), dunha cobertura óptima nos fogares —ao chegar a fibra ata as súas vivendas— e dunha maior capacidade de navegación con varios dispositivos á vez. Todo iso unido aos servizos de wifi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional.
Todo iso unido aos servizos de wifi 6 e tele con deco Android 4K sen custo adicional. Falamos da última tecnoloxía baseada no estándar XGS-PON, preparada para o futuro, idónea para simultanear tarefas de teletraballo, teleformación, videochamadas, streaming, gaming, etc. Un sistema que habilita eses accesos megarrápidos con catro veces máis capacidade de descarga do que a tecnoloxía actual e ata oito veces máis capacidade de subida.
Internet rural
Nas zonas de Allariz onde, por cuestións orográficas ou de dispersión da poboación, non chega a fibra óptica, existe a opción de ‘internet rural’ de R con 5G (mambo Axiña), que lles permite a fogares e empresas destes lugares de difícil acceso dispor de alta velocidade de ata 600 megas con 5G e wifi 6.
Na actualidade o 90% da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración. Un total de 224 concellos galegos, incluído Allariz, dispoñen xa da solución ‘internet rural’ de R, que lles permite aos seus habitantes navegar a altas velocidades como o poden facer en 1,7 millóns de fogares cubertos por R coa súa fibra óptica FTTH de última xeración en Galicia.
Fibra óptica ou internet rural 5G de R, opcións idóneas ante o fin do ADSL
Por último, tanto a opción da fibra óptica FTTH de R como a súa solución de 15‘internet rural’ — se a fibra non chega á zona— son tamén alternativa para quen teñan en Allariz unha conexión a Internet a través de par de cobre, porque o tradicional ADSL xa deixou de funcionar ou de comercializarse en Galicia.