O IGVS leva destinados máis de 140 millóns de euros.
A través de diferentes programas e liñas de incentivos convocados desde 2022, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) destinou uns 140 millóns de euros a conceder axudas a propietarios particulares, comunidades de veciños e concellos para rehabilitar co fin de mellorar a eficiencia enerxética de preto de 24.000 vivendas no conxunto de Galicia.
E é que a Xunta de Galicia leva anos promovendo e apostando pola rehabilitación de inmobles destinados a usos residenciais, tanto a través de actuacións directas destinadas a reforzar o actual parque público de vivendas, como da concesión de axudas económicas a particulares, comunidades veciñais e promotores.
Lei de Rehabilitación
Por ese motivo, e co obxectivo de situar á Comunidade á vangarda do país nesta materia, dándolle un pulo importante ás políticas de rehabilitación e apostando de forma decidida pola recuperación do patrimonio xa construído, impulsou a primeira Lei de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
Convocatorias anteriores
En canto as dúas últimas convocatorias dos diferentes programas de axudas á rehabilitación enerxética de edificios e vivendas, o Programa de axuda á rehabilitación a nivel de barrio concedeuse a 4.718 vivendas cunha achega total de 32.643.994,39 millóns de euros tan só en 2022, xa que o ano pasado non houbo convocatoria. O Programa de axudas ás actuacións a nivel de edificio beneficiou a 2.334 vivendas en 2022 e a 5.142 o pasado ano cun importe de 22,8 millóns de euros e 66,4 millóns, respectivamente, e cunha execución practicamente do 100% nas dúas convocatorias. Para o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas concedeuse a 1.211 vivendas mobilizando 3,3 millóns de euros en 2022, e a 1.328 vivendas en 2023 e mobilizando 3,6 millóns. Tamén, o Programa de axuda á elaboración do libro do edificio e a redacción de proxectos de rehabilitación favoreceu a 3.183 vivendas cun gasto de 1,8 millóns en 2022, e o ano pasado a 5.823 vivendas cun gasto de 3,6 millóns. Por outra banda, o Programa de apoio ás oficinas de rehabilitación (que non ten convocatoria pública e é executado directamente polo IGVS) executou 1,2 e 2,3 millóns, nun e noutro ano.
Continuidade
Tal foi o éxito destas axudas -resolvéronse nos dous últimos anos cunha elevada porcentaxe de execución- a Xunta ten previsto publicar en 2024 unha nova convocatoria dos programas para rehabilitación enerxética a nivel de edificio, a nivel de vivenda e para a redacción de proxectos e do libro do edificio. Esta nova convocatoria contará cun orzamento inicial de 37 millóns de euros.
Programa Rexurbe
Neste contexto, e co fin de comprar inmobles abandonados e solares baleiros localizados en centros históricos, púxose en marcha o programa Rexurbe. Deste xeito, búscase rehabilitalos para, así, destinar as vivendas resultantes a alugueiro a prezos accesibles. Ademais e en desenvolvemento dunha das figuras introducidas pola Lei de rehabilitación, a Xunta xa declarou un total de sete Áreas Rexurbe no conxunto de Galicia coa finalidade de facilitar a recuperación de conxuntos históricos declarados Bens de Interese Cultural (BIC) a través da aposta por combinar e concentrar os recursos para que cheguen alí onde máis se necesitan, posibilitando á vez a combinación de diferentes instrumentos de financiamento público-privado. As sete áreas Son, en concreto, as de Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; a de Tui, en 2021; as de Ribadeo e Ferrol, aprobadas un ano despois (2022); e a máis recente de todas, a de Betanzos, declarada oficialmente en 2023. Ademais e no eido da rehabilitación residencial, Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou a oportunidade que supuxeron os fondos europeos do programa NextGenerationUE destinados á vivenda.
As sete áreas
Son, en concreto, as de Mondoñedo, A Coruña e Ribadavia, aprobadas no ano 2020; a de Tui, en 2021; as de Ribadeo e Ferrol, aprobadas un ano despois (2022); e a máis recente de todas, a de Betanzos, declarada oficialmente en 2023.
Ademais e no eido da rehabilitación residencial, Galicia foi unha das comunidades que mellor aproveitou a oportunidade que supuxeron os fondos europeos do programa NextGenerationUE destinados á vivenda.