No Cineclube Padre Feijoo ata o 4 de xuño.
A Deputación de Ourense organiza, en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Semana de Cine Euroárabe AMAL, e coa coordinación do CineClube Padre Feijóo, unha nova edición do ciclo de cine “Amal en Ruta” que traerá a Ourense proxeccións que amosan, desde diferentes puntos de vista, a situación actual que está a vivir Palestina.
Longrametraxes cun considerable recoñecemento nos principais festivais de cine internacionais
Amal en Ruta Ourense consta de tres ficcións e dous documentais –cintas en versión orixinal subtituladas en castelán–, que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade. Poderanse ver desde o mércores, 29 de maio, ao martes, 4 de xuño, na Casa da Cultura de Ourense (rúa do Concello, 11) ás 20.30 horas. As entradas terán un custo de 3 euros para o público en xeral, mentres que o acceso será de balde para as persoas asociadas ao Cineclube Padre Feijoo.
Sesións
– Mércores, 29 de maio, documental “Mayor”
– Xoves 30 de maio, proxectarase a ficción “Farha”
– Venres 31 será a quenda da película “Gaza mon amour”
– Luns, 3 de xuño, poderase ver a ficción “The reports on Sarah and Saleem”
– Martes, 4 de xuño, coa proxección do documental “Little Palestine, Diary of a Siege”