Xa está publicado o último número de Barrios.
A portada trae os temas de máis actualidade como o inicio das Festas de Ourense como pregón a cargo do cómico Xosé A. Touriñán. No Rallye de Ourense impúxose «Cohete Suárez» na edición deste ano (a número 57). Luis Menor preséntase á presidencia do PP de Ourense. Entrevistamos a Valentín Barreiros, autor de «Os trasnos da lanterna». Ademáis, en páxinas centrais podes consultar todos os partidos da Eurocopa 2024.
A oposición de Ourense reúnese para aborar unha posible moción de censura no Concello de Ourense contra Jácome. Monterrei inaugurou o parque acuático. O Plan Rexurbe, da Xunta de Galicia, rehabilitará oito inmobles no Casco Histórico de Ourense. A Subdelegación celebrou a Semana da Administración Aberta, con visitas guiadas ao Arquivo Histórico, á Biblioteca Pública é a propia Subdelegación.
O Godello conquista Madrid nunha campaña promocional da DO Monterrei, Frai Chitín, co pobo nepalí; unha gala solidaria recadará fondos para Hugging Nepal.
Touriñán, por partida dobre no FIC Vía XIV; presentará a súa curta “Nena”, así como o seu monólogo “Aquí Tou!”. Aever presenta unha nova campaña na que o 28 de xuño haberá xogos para cativos para incentivar as compras dos maiores.
Aprobado o orzamento máis alto do Concello de Barbadá no que se incrementa a inversión nun 257%. Medra o número de atencións no CIM; aumentou case un 30% máis que no anterior ano.
Deportes, provincia, opinión, ocio e máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha