A vila do Támega abrirá a piscina climatizada dunta os mes de xullo.
O próximo sábado 1 de xullo, dará comezo a tempada de piscinas ao aire libre en Verín, que se estenderá ata a primeira quincena de setembro.
As instalacións de Verín contan con tres piscinas: unha para adultos con dimensións de 25×12 m² e unha infantil de 10 m² cunha profundidade inferior a 0,5 m. Ademais, ofrecen servizo de bar e unha innovadora «bibliopiscina» para fomentar a lectura entre os usuarios.
Por outra banda, o Concello de Verín anunciou que as instalacións da piscina climatizada de Verín permanecerá aberta durante todo o mes de xullo. Esta medida, que coincide coa apertura das piscinas ao aire libre, busca proporcionar aos veciños unha maior variedade de opcións na época estival para poder realizar exercicio, promovendo así un estilo de vida saudable. O horario da piscina climatizada será de 07:00 a 13:00 h, e de 19:00 a 23:00 h (domingos e festivos pechados), de luns a venres; mentres que a piscina exterior funcionará todos os días de 12:30 a 20:30, festivos incluídos.