Allariz festexa o San Bieito

Do 11 ao 14 de xullo.

Allariz festexa o San Bieito do 11 ao 14 de xullo.

Os actos, organizados dende a área de cultura do Concello de Allariz, comezarán o xoves 11 de xullo e prolongaranse ata o domingo 14 de xullo. Preto de 15 actividades conforman a programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz neste 2024.

Actividades como teatro, música de rúa, agrupacións corais, orquestras como Trebol e o Grupo Arizona, desfile de xigantes e cabezudos, actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria, da Banda Unión Musical de Allariz o do grupo De Pé Feito, centrarán parte dos actos programados para esta edición . Unha programación para todos os públicos que encherá un ano máis as rúas de Allariz.

A Festa deste 2024 rematará, como xa é tradición, co espectáculo de pirotecnia, ás 00:00h dende o Campo de Vilanova. Así mesmo dende o 2 ao 14 de xullo comezarán os actos relixiosos na honra de San Bieito.

Programación
Xoves 11
– 20.15h Concerto do Coro Universitario Schola Cantorum. Na Igrexa de San Bieito.

Venres 12
– 20.30h Teatro ao Cubo. A utópica rodante «De Vilatriste a Vilalegre». Na Alameda.
– 23.00h Disco móvil Euphoria Disco Show. Na Barreira.

Sábado 13
– 11.30h Desfile de xigantes e cabezudos, acompañados da agrupación De pé Feito. Desde a Casa da Cultura.
– 20.30h Concerto da Banda Unión Musical de Allariz. Na Alameda.
– 21.30h Baile co grupo Arizona. Na Barreira.
– 00.00h Verbena co grupo Arizona. Na Barreira.

Domingo 14
– 10.00h Pasarrúas coa Banda Unión Musical de Allariz. Desde a Barreira.
– 11.00h Procesión do Patrón da Vila, acompañado dos Xigantes e Cabezudos, Agrupación de Pé Feito, Banda Unión Musical de Allariz e Agrupación de Música Tradicional Candaria. Ao remate terá lugar a misa solemne.
– 12.30h Actuación da Agrupación de Música Tradicional Candaria. Na praza do Matadoiro.
– 13.30h Actuación da Banda Unión Musical de Allariz. Na Barreira.
– 21.00h Baile amenizado pola orquestra Trebol. Na Barreira.
– 00.00h Espectáculo de pirotécnia, a cargo de Josma. No Campo de Vilanova.

Actos relixiosos
– Do 2 ao 11. Novena San Bieito. Ás 8.30 e 19.30 horas.
– Xoves 11. Misas ás 8.00, 9.00, 10.00 e 11.00. Ás 12.00 h misa solemne.
– Domingo 14. Misas ás 9.00, 10.00, ás 11.00h procesión e ás 12.30h misa solemne.