O concello presentou unha ampla programación de verán.
Unha extensa programación ocio cultural presentou o Concello de Xinzo de Limia para estes meses de verán.
Os primeiros eventos organizados foron unha sesión de contacontos con «Ni Fi ni Fa Animación», unha visita teatralizada ao Mosteiro de Trandeiras e a Gala das Escolas Abertas. Ademais, estes días Xinzo está inmerso nas Festas de Santa Mariña onde, entre outras cousas, celebrarase o Festival Internacional de Bandas de Gaitas «Vila de Xinzo».
A aula CeMIT acolle a campaña de doazón de voz IA NOS e o Día de Galicia tivo lugar unha ofrenda floral e un concerto a cargo de Lucía Pérez.
E rematará a programación en xullo co concerto de «Música Miúda» o sábado, 27 de xullo, a partir das 20.30 horas, na praza Maior.
Agosto
No mes de agosto continuará a programación veraniega coa Xornada cultural «Forum Limicorum», o día 10 de agosto, sábado, a partir das 19.30 horas na zona do campamento. Este mesmo día, a praza Maior acolle desde as 20.30 horas o espectáculo «Animar-T – A bailar!».
As Xornadas de Folclore aterrizarán na praza Carlos Casares o sábado, 17 de agosto, ás 18 horas. No mesmo lugar e ao mesmo día, pero ás 11 da noite se celeba a Gala «Por un soño».
Unha das actividades máis agardadas no verán limiao é, sen dúbida, a Festa do Esquecemento que este ano terá lugar do 23 ao 25 de agosto (última fin de semana do mes).
Rematarán as actividades de verán o sábado, 31 de agosto, con «Contos animados», na praza Maior desde ás 20.30 horas.