«Móllate polo comercio», nova iniciativa de Aever

Instalaranse tobogáns de auga o 16 de agosto.

A Asociación de Empresario de Verín (Aever) pon en marcha a campaña «Móllate polo comercio» para fomentar as compras no comercio local. Para iso, instalarán o venres, 16 de agosto, un parque acuático polas rúas da vila con megatobogáns de auga.

Localizacións
As atraccións acuáticas estarán abertas de 17.30 a 21.30 horas en tres localizacións distintas: praza García Barbón (zona Extrem); praza da Mercé (zona Peques); e na praza do Concello.
Na García Barbón instalarase un tobogán xigante (14m de alto por 40m de longo) e terá lugar a Festa da Espuma ás 17.30h e 19.30 horas para rapaces de 3 a 10 anos; ás 18.30h e 20.30 horas para os de 11 anos en adiante.

Na praza do Concello colocarase un tobogán con deslizadeira de 7 metros de alto por 24 de longo.
E na praza da Mercé o tobogán será para os máis pequenos de 4,5 metros de alto.
Os que queiran participar, deberán entregar cinco tiquets de compra en establecementos asociados máis 5 euros na carpa de Aever situada na praza Maior. Canxearase por unha pulseira para terá acceso a tódalas actividades.