A Festa do Esquecemento de Xinzo desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de agosto.
Os Romanos volverán a Xinzo de Limia e atoparanse, novamento, co río Lethes este verán. E é que os días 23, 24 e 25 de agosto celébrase a 24ª Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia.
Durante estes tres días ofreceranse máis de 50 actividades que comezan o venres 23 coa inauguración do campamento, mercado e zona infantil. Tamén terá lugar o circo romano, pasarrúas con Turdión e Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar. Pechará a xornada inaugural o desfile de antorchas (23.30h); o Prendido do Lume Sagrado (00.00h); pasarrúas (00.30h); e o concerto de Grimorium (01.30h).
A segunda xornada arrincará coa apertura do mercado e zona infantil para seguir co Circo Romano (12.15h); o Desfile das Fuerzas de Choque Extraordinarii de Cartagena (12.30h); e as Loitas do Coliseum (12.45h). Pasarrúas e animación nas rúas estarán presentes durante todo o día. Ás 13.30h terá lugar a Recepción de Autoridades e Tropas Estranxeiras. Premios Bispo Idacio 2024, para seguir despois co espectáculo Harmonía no Aire (13.45h).
Pola tarde chegan os espectáculos: Grandes Xogos Olímpicos (ás 19.00h); Loitas do Coliseum (20.20h); Vodas Romanas (21.00h); Gladiadores do Circo (21.30). Xa pola noite chega o espectáculo Harmonía no Aire (23.30h) e os concertos de Grimorium (00.15h) e Astarot (01.00h).
Traca final
E o Esquecemento chegará a súa recta final o domingo, 25 de agosto. Nesta xornada -apertura do Mercado e zona infantil ás 12.30h) tampouco faltarán os pasarrúas, a música itinerante, os espectáculos e as animacións de rúa durante toda a xornada.
Un dos momentos máis agardados será o Cruce do Río Lethes e Gran Loita Final, dando comezo ás cinco da tarde. Ás 20.00h será o momento do Desfile da Victoria. Xa pola noite, e para rematar os actos desta edición da Festa do Esquecemento procederase ao Apagado do Lume Sagrado (23.45h) e a entrega de premios a participantes. O concerto de Grimorium porá o punto e final ata o ano que vén.