A multiculturalidade dos folclores do mundo conquista ao público nos Festivais de Maceda e Verín

XXXIX Xornadas de Folclore

O colorido dos traxes tradicionais e os ritmos dos seis países participantes nas Xornadas invadiron  as vilas ourensás de Maceda e Verín.

Maceda recibiu os ritmos e as danzas que contan as tradicións e a historia dos pobos asentados en Panamá, Senegal e México. O público asistente disfrutou dunha ocasión especial para descubrir outras culturas, unidas nestas xornadas pola paixón común polo folclore.

O segundo Festival do día tivo como escenario o parque da Preguiza, en Verín. Tres países – Colombia, Taiwán e Serbia- procedentes de tres continentes, amosaron aos asistentes a riqueza das súas danzas, resultado dun intenso traballo de investigación.
A noite comezou co grupo de Colombia, a Fundación Ballet Folclórica de Nobsa, que foi fundada en 2014 co obxectivo de motivar a nenos, mozos e adultos de 5 a 60 anos. Os seus bailes recrean o impacto da historia colombiana en escenarios rexionais e tentan reflexar o papel da danza no país, definida por diferentes culturas. Todas deixaron un importante legado, expresando a través dos bailes as súas crenzas, vivencias e pervivencias de feitos antigos que marcan as súas raíces, independentemente da clase social e racial (mestizos, negros, mulatos).
Seguidamente subiron ao escenario o grupo de Taiwán Yuan Yuan Dance Group e pechaou a noite os serbios de Kud Srem.
As Xornadas de Folclore están organizadas pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Xoves 15 de agosto: Entrimo e Viana do Bolo
As músicas e danzas dos seis países participantes nesta XXXIX edición das Xornadas continúan hoxe a súa viaxe pola provincia ourensá. Colombia, Taiwán e Serbia chegarán á Alameda de Entrimo, ás 20.30 horas.
En Viana do Bolo, a praza Maior recibirá aos compoñentes das agrupacións procedentes de Panamá, Senegal e México; a cita será ás 22.30 horas.