A XXIV Festa do Esquecemento prepárase para recibir milleiros de visitantes nunha edición de récord

Terá lugar do 23 ao 25 de agosto.

O Concello de Xinzo de Limia, en colaboración coa Asociación Cultural Civitas Limicorum, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, presentou a XXIV edición da Festa do Esquecemento, que terá lugar do 23 ao 25 de agosto. Esta edición caracterízase por unha colaboración sen precedentes por parte do Concello, que instalou puntos de luz e auga con ampla antelación, algo que nunca se fixera antes. Estas melloras buscan facilitar o desenvolvemento das actividades programadas.
A Festa do Esquecemento, ademais de ser unha importante celebración cultural que rememora a chegada das lexións romanas ao río Limia, tamén xoga un papel crucial na economía local. Durante esta fin de semana, a gran maioría dos sectores produtivos, servizos e demais industrias de Xinzo vense implicados, o que resulta nun impacto económico moi positivo para a vila e a comarca. “O impacto que ten esta festa na nosa vila é innegable; converteuse nunha cita obrigatoria do verán, cunha repercusión moi positiva para toda a comunidade”, afirmou o alcalde Amador Díaz.

Na presentación, á que asistiron gran parte dos membros do grupo de goberno encabezados polo alcalde Amador Díaz, tamén estiveron presentes o presidente da Asociación Cultural Civitas Limicorum, Marcos Argibay, parte da Xunta Directiva da Asociación, así como algúns dos principais actores e actrices da festa. Durante o acto, Marcos Argibay destacou que esta é “a fin de semana máis grande do verán en toda a comarca da Limia”, e convidou a toda a veciñanza a participar abertamente e sen prexuízos nesta celebración única.

Entre os actos máis destacados da festa, inclúese o cruce simbólico do río Limia, que se realizará o domingo pola tarde, o Desfile de Fachos que terá lugar o venres á noite e os grandes Xogos Olímpicos que se celebrarán o sábado á tarde. Ademais, nesta edición contaremos coa colaboración especial dunha lexión romana de Cartagena, o que enriquecerá aínda máis a experiencia para todos os asistentes.

O alcalde subliñou o apoio do concello á Festa do Esquecemento, sendo conscientes da tendencia alcista do evento e da súa repercusión xeral para toda a vila. Finalmente, o Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Cultural Civitas Limicorum invitan a toda a veciñanza e visitantes a unirse a esta gran celebración, que promete ser un dos eventos máis destacados do verán.

Programación
Venres 23
Hora: 18.00h
Inauguración Campamento, Mercado e Zona Infantil con Cidade de Antioquía
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento e Parque do Toural

Hora: 19.00
Circo Romano
Tipo: Animación de Rúa a cargo de Trip Malabar
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 20.30
Pasarrúas con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 21.15
Gladiadores do Circo a cargo de Trip Malabar
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 23.30
Gran Desfile Inaugural con Antorchas
Tipo: Desfile
Ubicación: Itinerario 1

Hora: 00.00
O Prendido do Lume Sagrado
Tipo: Espectáculo Teatralizado
Ubicación: Praza Carlos Casares

Hora: 00.30
Pasarrúas con Cidade de Antioquía
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 01.30
Concerto de Grimorium
Ubicación: Campamento

Sábado 24
Hora: 12.00
Apertura Mercado e Zona Infantil con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 12.15
Circo Romano
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 12.30
Desfile das Fuerzas de Choque Extraordinarii de Cartagena
Tipo: Desfile
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 12.45
Loitas do Coliseum
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Praza Maior

Hora: 13.00
Pasarrúas con Cidade de Antioquía
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 13.30
Triduendes
Tipo: Animación de Rúa a cargo de Trip
Malabar
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 13.30
Recepción de Autoridades e Tropas
Estranxeiras. Premios Bispo Idacio 2024
Tipo: Acto institucional
Ubicación: Campamento

Hora: 13.45
Harmonía no Aire
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Praza Maior

Hora: 14.00
Pasarrúas con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 16.00
Xincana de Participantes
Tipo: Actividade das socias e socios
Ubicación: Rúas da Vila

Hora: 16.30
Pasarrúas con Lirolaio
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento

Hora: 17.30
Pasarrúas con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento

Hora: 18.00
Pasarrúas con Cidade de Antioquía
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 18.30
Unha Romana Comedia
Tipo: Animación de Rúa a cargo de Trip Malabar
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 19.00
Grandes Xogos Olímpicos
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Campamento

Hora: 20.00
Pasarrúas con Lirolaio
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 20.30
Loitas do Coliseum
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Praza Maior

Hora: 21.00
Vodas Romanas
Tipo: Espectáculo Teatralizado
Ubicación: Campamento

Hora: 21.30
Gladiadores do Circo
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 22.00
Pasarrúas con Cidade de Antioquía
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 23.30
Harmonía no Aire
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Zona do Toural

Hora: 00.15
Concerto de Grimorium
Ubicación: Zona do Toural

Hora: 01.00
Concerto de Astarot
Ubicación: Zona do Toural

Domingo 25
Hora: 12.30
Apertura Mercado e Zona Infantil con
Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 12.45
Unha Romana Comedia
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Parque do Toural

Hora: 13.00
Harmonía no Aire
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Praza Maior

Hora: 13.30
Pasarrúas con Lirolaio
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 13.30
Homenaxe a Merce Barba
Tipo: Actividade Interna
Ubicación: Campamento

Hora: 14.00
Circo Romano
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 14.00
Pasarrúas con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 16.15
Pasarrúas con Turdión
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento

Hora: 17.00
Marchas Romanas con Achicoria
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento

Hora: 17.30
Cruce do Río Lethes e Gran Loita Final
Tipo: Espectáculo Teatralizado
Ubicación: Río Lethes

Hora: 18.30
Título: Pasarrúas con Lirolaio
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Campamento

Hora: 19.15
Gladiadores do Circo
Tipo: Animación de Rúa
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 20.00
Desfile da Victoria
Tipo: Desfile
Ubicación: Itinerario 2

Hora: 21.00
Harmonía no Aire
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Praza Maior

Hora: 22.30
Pasarrúas con Lirolaio
Tipo: Musical Itinerante
Ubicación: Rúas do Casco Vello

Hora: 23.45
Apagado do Lume Sagrado. Actuación
“Sacrificio do Lume”
Tipo: Espectáculo
Ubicación: Campamento

Hora: 00.30
Entrega de Premios a Participantes
Tipo: Actividade Interna
Ubicación: Campamento

Hora: 00.45
Concerto de Despedida con Grimorium
Tipo: Concerto
Ubicación: Campamento