Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Nesta ocasión a portada trae dous eventos do máis destacado da provincia durante o mes de agosto. Por unha banda, as Xornadas de Folclore que percorreron Ourense ao son de seis agrupacións de Taiwán, Panamá, México, Serbia, Senegal e Colombia. A Festa do Esquecemento de Xinzo viviu unha edición de récord, con 800 participantes no campamento e momentos memorables como o cruzamento do río Lethes.
Ademais, entrevistamos a Jorge E. Bóveda, despois de publicar «A palabra salvaxe».
Presentouse o anteproxecto do Hotel Balneario das Caldas, unhas instalacións de 5 estrelas que albergarán 42 habitacións. O Concello de Ourense recibirá unha subvención para mellorar o ciclo urbano da auga.
Verín prepárase para uns días de cine coa novena edición do FIC Vía XIV que desenvolverase do 29 de agosto ao 7 de setembro. A Praza de Abastas será a sede provisional da Garda Civil ata que se constrúa a definitiva. A Feira do Viño da DO Monterrei tivo números históricos nesta edición tanto en asistentes como en tíckets-degustacións vendidos; ademais tivo moito éxito as actividades paralelas.
Esta fin de semana Xinzo acolle Alimagro e Prolimia, no pavillón de deportes e contorna. Expofamilia será a primeira feira en Xinzo de Limia adicada á saúde e o benestar na familia, que se desenvolverá a fin de semana do 7 e 8 de setembro no pavillón de Deportes en horario de 11 a 21 horas.
Tres novos ecobarcos para Castrelo de Miño como complemento turístico nos embalses de Castrelo e Frieira. Seleccionadas as 35 curtas da sección oficial do Festival RiR de Allariz que terá lugar do 1 ao 7 de setembro.
Rematan as obras sobre o río Grañal, no Pereiro, e que supuxeron un investimento de máis de 133.000 euros. A Oficina de Turismo do Carballiño rexistrou un milleiro de consultas, moitas delas de visitantes chegados de Francia.
Deportes, ocio, opinión e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha