O partido benéfico terá lugar o sábado, 17 de outubro.
Con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, a Asociación volve reivindicar o valor do rosa cunha campaña, “O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación” para poñer de manifesto que aínda queda moito por facer e que detrás desa cor hai investigación, apoio e acompañamento.
Como en edicións anteriores, celébrase a cuarta edición do Partido Benéfico contra o Cancro de Mama, organizado na sede provincial da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense. Este encontro enfrontará ao club EFF Rosalía e a un equipo de Mulleres de Ourense, e terá lugar o xoves 17 de outubro ás 19:30 horas no Campo Municipal de Oira.
O prezo da entrada é de 5 euros, pero tamén é posible colaborar a través da ‘fila cero‘, mediante o seguinte número de conta: ABANCA ES68 2080 0475 5630 4000 0077. Todo o recadado será destinado á Asociación Española Contra o Cancro de Ourense.
O club EFF Rosalía participará coas súas xogadoras dispoñibles, mentres que o equipo Mulleres de Ourense estará composto por representantes de diversos sectores, como política, seguridade cidadá, comunicación, sanidade, e empresariado, entre outros.
A presentación estivo marcada pola presencia de diversos organismos da cidade, como representantes do corpo de policía local de Ourense e xogadoras do equipo Mulleres de Ourense; Manuel Pérez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia; Rosendo L. Fernández, deputado de representación institucional da Deputación de Ourense; Aníbal Pereira, tenente-alcalde do Concello de Ourense; Tamara Silva, concelleira de asuntos sociais do Concello de Ourense e xogadora de Mulleres de Ourense; Ana Fernández, concelleira de avogacía e contratación do Concello de Ourense e xogadora de Mulleres de Ourense; Natalia González, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE e xogadora de Mulleres de Ourense; Erea Blanco, concelleira do grupo municipal do BNG; Inmaculada Moreiras, portavoz e concelleira do grupo municipal do PP; Alba Iglesias, concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE; Olga Mojón e Carmen Sampaio, vicepresidenta e tesoureira da asociación respectivamente.
A vicepresidenta Olga trasladou “Unha vez máis, alzamos a voz para reivindicar o significado da cor rosa coa nosa campaña: ‘O rosa é só rosa, pero contigo é apoio e investigación’. Con esta iniciativa, queremos destacar que, a pesar dos avances logrados, aínda queda moito por facer. Detrás desa cor rosa escóndense esforzos incansables de investigación, apoio e acompañamento a quen enfronta esta dura batalla. Agradecemos moito a todos os colaboradores e patrocinadores como o Concello de Ourense, Deputación de Ourense, Consello Municipal de Deportes, Xunta de Galicia, EFF Rosalía, Ourense CF, Mulleres de Ourense, os grupos municipais PSOE, PP e BNG, as xogadoras de ambos equipos…”.