Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada deste número trae a presentación de Xantar, que este ano celebra o seu 25º aniversario con 140 actividades, catro restaurantes e unha zona de tapas. Xinzo celenra o «Samhain dos Limicos» e Ourense a «Noite de Medo». O Sergas continúa coa campaña de vacinaciónv da gripe, covid e virus respiratorio sincitial.
O CEIP O Couto da cidade contará cunha sala de radio; a Xunta adaptará o salón de actos. O Concello de Ourense reforza o servizo de revención e extinción de incendios coa incorporación de 10 novos bombeiros condutores.
En Xinzo, unha nova residencia contará con 80 prazas e suporá a creación de 35 novos postos de traballo. O I Mercado Social celébrase este domingo 27, de 11 a 19.30h, na praza Carlos Casares de Xinzo.
Un encontro internacional fortalece a Celanova como vila micolóxica; serán tres días de actividades do 25 ao 27 de outubro.
A Xunta de Galicia destina 1.749 millóns de euros á provincia de Ourense nos orzamentos 2025, o que upón un incremento de 202 euros por habitante. A Deputación de Ourense construirá unha nova pasarela peonil e habilitará un novo tramo do sendeiro no encoro de Cachamuíña.
A Xunta adxudica catro vivendas en aluguer en Allariz que pagarán unha renda mensual inferior aos 100 euros. Unha exposición mostra a «Fauna esencial», ata o 25 de outubro na Casa da Cultura.
Ocio, deportes, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha