«E aquí seguimos… 25 anos despois»

Xantar da comezo a catro con catro reataurantes, unha zona de tapeo e actividades relacionadas coa gastronomía.

Xantar é o único Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España, e nesta edición cumpre 25 anos. E para celebrar as «vodas de prata» organizará entre o 24 e o 27 de outubro (de 11 a 1.00h agás o domingo que pecha ás 18.00 h) 140 actividades, ademais de contar con cinco restaurantes (un deles de tapas), 63 adegas e 90 expositores de cinco países (España, Portugal, Perú Costa Rica e Australia). Tamén haberá dúas aulas gastronómicas, unha de catas comentadas e un espazo de degustación e promoción das fiestas gastronómicas de Galicia; sen esquecernos do Túnel do Viño.
A entrada ao salón seguirá sendo gratuíta. Tamén será gratuíta, até completar aforamento, a participación en calquera das 140 actividades que ofrece o programa desta edición e que inclúen obradoiros de cociña en directo, catas comentadas de produtos como viño, queixo, mel ou conservas, ou a presentación, con degustación, dunha trintena de festas gastronómicas de Galicia.

Ademais, dous concertos amenizarán as noites do venres e o sábado. A Roda actuará o venres ás 20.30h e o grupo Broken Peach o fará o sábado.
Para facilitar a visita a Xantar, Expourense conta coa colaboración de Renfe, Transporte Oficial, que ofrece un 10% de desconto nos billetes de Longa Distancia e AVE.
Xantar 2024 conta coa participación do catro deputacións provinciais de Galicia, de varios geodestinos e GDR (Ribeiro-Carballiño, Trevinca -Valdeorras, Terra de Celanova – Serra do Xurés) e de numerosos concellos galegos das 4 provincias. Fóra da comunidade tamén participantes expositores como o da feira de “Alicante Gastronómica”; e non podería faltar Portugal, con presenza desde a primeira edición do salón e ao que acuden numerosas cámaras municipais xunto con Turismo Porto e Norte.

Novidades
Esta edición chega con novidades para animar a participación dos profesionais da hostalaría de Galicia. Por esta razón convócase o 1º Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia, e cuios gañadores participarán no Campionato de España 2025; e o 1º Campionato Mellor Burger de Galicia (que contará cunha categoría profesional e outra amateur).
O campionato da tortilla terá lugar o venres 25 (ás 11.30 dará comezo o concurso «tortilla con…» e ás 16.30h o de tortilla tradicional), o día anterior haberá algunha actividade relacionada con este evento como charlas. Ao día seguinte, sábado 26, será o turno do campionato de hamburguesas, no que ás 11.00h comezará o profesional e 16.30h o amateur.
As novidades do salón poden seguirse a través da súa web www.xantar.org.

Restauración
No ámbito da restauración este ano contarase con catro restaurantes no formato habitual nos que se ofrece un menú pechado elaborado a base de produtos autóctonos de calidade do destino do que procede o responsable do restaurante. Este ano mantense ademais o restaurante «Xantar Tapeando», unha gran «Zona de Tapas» con comedor central no que as visitas poderán elixir entre distintos tipos de comida axustando a elección ao seu apetito e orzamento.
O Inorde non faltará tampouco este ano co seu restaurante promocionando a raza autóctona “Ovella Galega”. O Inorde colabora tamén coa Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO) no seu restaurante que ofrece un menú degustación dalgunhas das tapas e petiscos máis recoñecidos polo público ourensán e que poden complementarse con racións de Polbo á Feira.
A comarca de Valdeorras estará representada a través de dous restaurantes. O primeiro promocionará as festas gastronómicas de Valdeorras e onde non faltará o tradicional cocido, o botelo do Barco ou o codillo da Rúa acompañado dunha degustación das sobremesas típicas da comarca e regado con viños do DO Valdeorras. O outro restaurante de Valdeorras estará centrado na promoción da gastronomía tradicional que desde hai décadas ofrece o restaurante rués Mantesil con opcións como a empanada de maravallas ou o arroz con androlla.