O Concello programa actividades lúdicas e aterradoras durante os catro últimos días do mes, con obradorios de maquillaxe, decoración e maxia terrorífica.
Barbadás será outro dos puntos onde o Samaín estará presente. Nesta ocasión transformarase o Casco Vello da Valenzá en “Alicia no país dos pesadelos”.
Durante os días 28, 29 e 30 de outubro, de 16:00 a 20:00 horas, realizaranse obradoiros no Espazo Infantil, reservados para os socios; estes obradoiros inclúen decoración, maquillaxe e un emocionante taller de maxia terrorífica, perfecto para mergullarse na atmosfera do Samaín.
O 31 de outubro -xoves-, a xornada culminará cunha serie de eventos arrepiantes. Ademais do “Truco ou trato” polos establecementos da Valenzá, ás 19.00h terá lugar a representación de “Alicia no País dos Pesadelos”, que transformará o casco histórico da Valenzá nunha pasaxe de terror e se agasallará cun bolo preñado a todos aqueles que acudan disfrazados.
Ademais, ás 20.30h gozarase dunha exhibición de baile infantil de MVT Galicia.