A programación desenvolverase na cidade o día 31 de outubro desde as 19 horas ata as 03.00h.
A capital ourensá leva uns anos organizando un «Halloween» que cada ano vai crecendo en participación e nunha programación para todas as idades.
Esta é a programación:
17:00 a 19:00 h Obradoiro infantil de cabazas e maquillaxe, no Parque de San Lázaro.
19:00 horas. Desfile de Medo. Con Pablo Méndez, Momias do Afastado Exipto, precedido de desfile infantil de cabazas con batucada e Hagrid co seu sidecar (Harry Potter). Desde o Parque San Lázaro até a Praza Maior, pola rúa do Paseo
19:00 Flash mob de Thriller (Escola Estilo Libre). Padre Feijoo.
19:00 a 22:30 h Túnel do terror na Alameda (pase nocturno de 01:30 a 3.00 h)
19:00 a 3:00 h Pasaxe de Medo na Alameda.
19:45 h Animación con diaños, camiñantes brancos, árbores, ollos de terror e gran dragón, na Praza Maior e zona vella.
20:00 h Concerto infantil con Uxía Lambona e a Banda Molona, na Praza Maior.
20:45 Batucada e lenda. Praza do Ferro e zona vella.
21:00 a 0:00 h Chaioso de Medo. Praza Maior e Santa Eufemia.
22:30 a 01:30 Orquestra Panorama, Especial Halloween. Alameda.
00:00 a 3:00 h DJ A Gramola, na Praza Maior.
00.30 a 2:00 h Procesión da Santa Compaña. Paseo e zona vella.