Tres días para festexar o «Allariz de Medo»

O evento, que terá lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro.

«Allariz de Medo» é a proposta da vila alaricana, que terá lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro, e contará cun ambiente misterioso e actividades que combinan a tradición do Samaín con entretemento para todas as idades.

Así, o xoves 31, ás 18.30h terá lugar a Cea «De cea cos defuntiños», con contacontos para os máis pequenos, na praza de Abaixo. A Procesión da Santa Compaña dende a praza Maior dará comezo ás 20.00h. e DJ Apocalipsis pechará a noite cunha sesión de música desde as 23:30h.

O venres, 1 de novembre, regresa a Procesión da Santa Compaña dende a praza Maior (20h).

O sábado 2, ás 16:30h e ás 18:00h, obradoiro de candis en A Paneira (inscricións en allariz.gal/allarizdemedo). Ademais, dende o 31 de outubro e ata o domingo, 3 de novembro, haberá un percorrido con diferentes escenas con ánimas, esqueletos e druídas; as rúas nas que atoparás estas ambientacións serán: rúa do Portelo, praza de Santo Estevo, rúa da Cruz, rúa do Pozo, praza Maior, Atrio de Santiago, praza de Abaixo e praza do Matadoiro.