Barrios 218

Novo número de Barrios.

Xa está na rúa un novo número que trae en portada a celebración do Halloween – Samaín 2024 na provincia e con especial atención na cidade de Ourense. Tamén sacamos o bo momento do Club Ourense Baloncesto neste inicio de liga. E facémonos eco do cese de Jonatás Gago como presidente da DO Monterrei.

Xa está en funcionamento as novas urxencias do hospital de Verín. Xantar pechou as súas portas tras catro días de menús e incontables actividades e degustacións. Os concellos de Ourense vólcanse en axudar aos afectados pola DANA.

Ourense contará cun Centro de Regulación de Circulación de vangarda; iniciáronse as obras na estación de San Francisco. A Xunta avanza nun proxecto piloto para reclamacións dixitais no comercio. O magosto do Concello repartirá castañas de balde; haberá, ademais, música, food trucks e obradoiros infantís.

Leo Bassi chega a Verín co seu espectáculo «Yo, Mussolini». A DO Monterrei recolle 7,9 millóns de quilos, máximo histórico de todas as colleitas.

En Barbadás, incentivarase o consumo responsable da auga; o pleno aproba a modificación da taxa de lixo, vencellada ao gasto en auga. A Biblioteca municipal, premio María Moliner; gañou pola súa campaña de animación á lectura “Mil cuentos, mil aventuras”. O concello valora positivamente o Plan CooperOU da Deputación; grazas a el, o Concello pasa de percibir 77.000 euros anuais a 361.306 euros.

40 anos do Concurso da Constitución; a Subdelegación do Goberno en Ourense é a organizadora. Primeiros pasos do sistema de firma por voz do programa «ChegOU» da Deputación.

Ocio, clasificados, artigos e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha