O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para os expositores da Feira de Nadal 2024

Ata o día 12 de novembro.

Os días 6, 7 e 8 de decembro, o Concello de Verín organiza na praza Maior a súa Feira de Nadal. As persoas interesadas en participar na mesma deberán enviar a organización as ideas e propostas do seu produto así como da decoración do seu stand. A temática do mesmo deberá estar sempre relacionada co Nadal.

Horario da Feira do Nadal 2024:
– Venres 6 de decembro: 16:00 – 21:00 h
– Sábado 7 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 21:00 h
– Domingo 8 de decembro: 11:00 – 14:00 h e 16:30 – 20:00 h

O evento estará ambientado na temática de Nadal e contará coa participación de artesáns e produtores que amosarán os seus produtos e decoracións aliñados coas festividades. Cada expositor aportará a súa creatividade en forma de cestas de Nadal, envoltorios temáticos, luces e outros elementos decorativos característicos da tempada, podendo complementar cada proposta con produtos típicos nesta época.

A inscrición está aberta para artesáns e profesionais da alimentación, quen deben cumprir cos requisitos estipulados nas bases de inscrición e presentar unha solicitude a través da sede electrónica do Concello de Verín (https://verin.sedeelectronica.gal) ata o día 12 de novembro de 2024.

O Concello de Verín busca, mediante este evento, apoiar aos pequenos produtores e fomentar o consumo de produtos locais, á vez que ofrece aos asistentes unha experiencia única para gozar do ambiente de Nadal en familia.