Barrios 220

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión traemos un especial de Nadal, coa programación dos concellos de Ourense, Allariz, Celanova e Xinzo de Limia, ademais da que ofrece o Centro Comercial Ponte Vella.

O Concello de Ourense levará a pleno a flexibilización da ordenanza de tráfico; quere facilitar o traballo que realizan os profesionais do reparto de mercadorías.
A Operación Quilo de Amencer remata este venres 20 de decembro, despois se entregará a Cáritas todos os alimentos recollidos, e esta se encargará de repartilos ás familias máis necesitadas.

O Pleno do Concello de Xinzo de Limia prórroga o contrato de servizos de Axuda a Domicilio; aprobouse, tamén, unha obra para o Mosteiro de Trandeiras. O concello aposta por unha Praza de Abastos moderna; o proxecto valórase en 800.000 euros.

En Celanova, a Fundación Curros Enríquez perfila a axenda 2025; reuníronse os membros do Padroado.
O Festival Rebulir chega a Celanova e a Ramirás ata este domingo. O BNG pedirá no pleno da Deputación de Ourense máis horarios no transporte público entre a capital e a Baixa Limia.

Xa están seleccionados os nove xardíns do FIXA 2025, que tratarán a temática sobre o cambio climático. En Allariz regresa un ano máis o Peto dos desexos.

A Deputación ofrece máis prazas no EsquiOU chegando a superar o milleiro. A Deputación incrementa o seu orzamento nun 9% e supera o millón de euros. Novo paso para o transporte metropolitano; o comité político-técnico reuniuse por terceira vez.

A Subdelegación do Goberno entrega os premios da Constitución, dentro do acto institucional en conmemoración do 46º aniversario da Carta Magna. Campaña de control de consumo de alcohol e drogas posta en marcha pola DXT.

Deportes, artigos, clasificados e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha