Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Seguimos co Nadal e seguimos coa programación en varios concellos da provincia. Nesta ocasión describimos o programa de actividades de Verín, Barbadás, Ourense e o Centro Comercial Ponte Vella; ademais de facernos eco de Pazolandia que estará no Paco Paz do 26 de decembro ao 4 de xaneiro.
Na cidade, no pleno ordinario de decembro, a oposición reclamou ao Goberno local a exposición pública -por segunda vez- do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que xa foi entregado á Xunta de Galicia para a súa validación. Nun pleno extraordinario desestimouse as alegacións do ex concelleiro Telmo Ucha sobre unha modificación de crédito.
O concello ca anunciou que a partir de xaneiro suspéndese a ORA no centro da cidade. A glorieta da Policía Nacional pásase a chamar co nome deste corpo de seguridade.
Barbadás renova os convenios con colexios e ANPAs aportando 6.000 euros para varias iniciativas. O concello actualiza o rueiro municipal e rexistra 142 nova rúas e modifica 7646 números de acceso a edificios.
En Verín, a Asociación de Empresarios dinamiza o comercio local durante o Nadal con varias iniciativas como a de unha gran gala a celebrar o xoves, 2 de xaneiro, no pavillón de deportes desde as 17.30 horas. O Plan CooperOU serverá para executar onbras en distintos puntos do concello como a avenida de Portugal, o acceso ao hospital ou na estrada de Vences, entre outras.
A Subdelegación do Goberno, punto violeta para as vítimas de violencia de xénero. O CHUO presentou os seus menús para este Nadal para os pacientes que teñan que estar ingresados nestas datas tan señaladas.Activado o Plan de Vialidade Invernal, polo que se blindan 1.000 quilómetros de vías provinciais.
Deportes, ocio, opinión e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha