Xa está na rúa o primeiro número do ano de Barrios.
Na portada traemos as presentacións dos carteis dos entroidos de Xinzo e Verín, localidades que xa quecen motores para os días máis agardados do ano. O Centro de Atención a Personas con Discapacidade (CAPD) de Barrocás abrirá nos primeiros meses deste ano cunha xestión a través dunha asociación sen ánimo de lucro, en contra dos desexos dos familiares das persoas usuarias do centro e incluso en contra do firmado polos partidos políticos hai anos (xestión pública e directa). Rueda presentou en Ourense o Plan Termal de Galicia no que se investirá 10 millóns de euros na construción dun hotel balneario. O Fermosismo inveda Vilanova dos Infantes con varias obras realizadas ao aveiro destas axudas.
O Concello de Ourense fai un balance moi positivo das actividades programadas durante o Nadal. O turismo creceu na capital durante 2024. O paso a nivel do Peliquín permanecerá pechado do 27 de xaneiro ao 1 de febreiro. A Xunta amplía a biblioteca do CEIP de Seixalbo. O concello presenta as últimas actuacións en mobilidade.
O pleno do Concello de Verín ratifica os festivos locais; ademais aproba sendas subvencións ás escolas deportivas e ao Festival Internacional de Curtas. O concello impartirá un curso oficial, gratuíto para desempregados, de socorrismo en instalacións acuáticas. O mesmo terá lugar desde o 28 de xaneiro ata o 25 maio, en horario de 16:00 a 21:00 horas.
O Concello de Xinzo de Limia e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) renovaron o acordo de cesión da sede local da asociación. O vindeiro sábado, 25 de xaneiro de 2025, terá lugar a presentación do libro Reflexiones en el último milenio, do destacado mestre, pedagogo e exalcalde de Xinzo de Limia, Gonzalo Iglesias Sueiro. O acto celebrarase na Biblioteca Municipal Antelana ás 18:30 horas.
Barbadás adica o ano a Carmen Martín Gaite. O censo cifra en 11.176 habitantes os veciños de Barbadás. O Concello denuncia o estado do Filomena Dato.
A Xunta invistiu máis dun millón de euros en melloras enerxéticas no colexio Celso Emilio Ferreiro de Celanova. O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova demanda que o Padroado da Fundación Curros Enríquez “destitúa” ao exalcalde José Luis Ferro Iglesias como membro desa institución.
Allariz presenta a nova ordenanza con bonificacións pola recollida do lixo. Nova pavimentación da senda peonil entre a depuradora e O Seixo. Renováronse as beirarrúas en San Benito.
Provincia, artigos, deportes e moito máis, no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha