Unha inversión de 7 millóns reabrirá a fábrica de Fontenova

Construirase unha nova planta de 5100 m2.

A Casa da Cultura de Verín acolleu un anuncio histórico para a vila. O alcalde, Gerardo Seoane, e o empresario luso José de Sousa Cintra, propietario de Fontenova, anunciaron a próxima reapertura da icónica planta de embotellamento, para o que a factoría recibirá unha inversión de sete millóns de euros, construirá unha nova planta e renovará toda a súa maquinaria de embotellado. O empresario agradeceu a intensa aposta do goberno local pola recuperación e reordenación da zona, “que nos convenceu de cumprir o soño de voltar a posicionar a Fontenova como unha das grandes augas minerais de Europa”.

O rexedor de Verín, Gerardo Seoane, comezou cun repaso do camiño emprendido hai sete anos cos primeiros convenios para reactivar Fontenova, “que comenzaron coa reapertura do surtidor termal nos verán dentro da Ruta Termal e das Aguas da Eurocidade, e os primeiros programas de recuperación da memoria termal”, para logo dar paso ás cesións dos usos e instalación e as primeiras recuperacións do antigo parque.

“Hoxe, o que pasee por Fontenova, pode darse conta do enorme traballo realizado para recuperar un espazo que estaba abandonado e de costas á cidade, e integralo de novo como unha área primordial e atractiva”. O alcalde explicou que a reinversión de Fontenova “non é unha casualidade” , senón que é o resultado dun traballo continuo e meticuloso de “poñer en valor o entorno termal e facer atractivo o seu retorno á primeira liña”.

A recuperación urbanística e a reindustralización de Fontenova implicará a recuperación total da contorna da factoría, con carácter público e termal, e a ampliación e modernización das instalacións fabrís e dos trens de embotellado e etiquetado.

Para elo, os propietarios realizarán unha inversión de sete millóns de euros, que permitirán a construción de unha nova planta, adxacente á antiga fábrica, que albergarán os novos procesos produtivos, as instalacións de loxística e as unidades de embotellamento e xestións.

Convenio co Concello
Para posibilitar a regeneración urbana e a reindustrialización da área de Fontenova, o Concello asinará coa empresa un convenio que suporá o paso da totalidade dos espazos verdes e termais da histórica surxencia a máns municipais, que poderán así continuar coa súa reordenación e posta en mans dos veciños de Verín. Á empresa, o convenio permitiralle acceder aos terreos inmediatamente adxacentes á antiga fábrica, e poder realizar así a súa ampliación.

O empresario luso propietario de Fontenova, José de Sousa Cintra, calificou este acordo como “histórico” para a vila de Verín e para a súa entidade, loubando o empeño “persistente e comprometido dende hai anos” do consistorio para voltar a facer atractiva a zona, rehabilitar os espazos termais e crear unha gran zona verde e termal que agora pasará a ser propiedade de todos os verineses e verinesas.

“Foi esa aposta do Concello por revalorizar Fontenova a que me impulsou a cumprir este soño”, afirmou Sousa Cintra, que agradeceu os esforzos e o compromiso de toda a poboación con esta marca, tan importante no pasado industrial de Verín.

A inversión plantexada, de sete millóns de euros, suporá a creación de máis de cen postos de traballo directos e indirectos en Verín, incluindi outros sectores como o Transporte, a construción, a distribución e o comercio.

Máis dun século de historia
As augas de Fontenova teñen máis de 120 anos de historia, a que en 1904 recibiron a primeira declaración de utilidade pública tras os informes do doutor Casares sobre as súas propiedades. Xa en 1907 recibiron unha medalla de ouro na Exposición Internacional de Madrid polas súas propiedades, que a fixeron famosa no eido dos tratamentos termais.

Porén, foi no eido comercial do desarrollismo na España dos 60 cando Aguas de Fontenova acadou o seu maior esplendor, ao modernizar a planta que agora se ampliará, e de mans do empresario José Ribas Barreras deu o salto como auga mineral de referencia en toda España. En cidades coma Barcelona ou Madrid, pedir unha Fontenova era un sinónimo de pedir unha auga mineral, e a presencia dos seus eslóganes e carteis era constante na prensa nacional e mesmo na internacional.

A súa aposta pola publicidade nos incipientes medios audiovisuais da época foi coñecida e premiada a nivel internacional, chegando a gañar premios nos Concursos de Cine Publicitairo de Cannnes, e a facer da súa flota de distribución en camións unha icona da identidade de marca de Verín. Un pasado que agora asoma de novo, coa posible recuperación de aquel esplendor comercial dun dos produtos máis coñecidos de Verín.