Sortearase cinco cheques regalo de 100 euros.
A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) presentou a campaña que a asocación vai realizar por San Valentín. Trátase dunha iniciativa na que se sortearán cinco cheques de 100 euros cada un para mercar no comercio local.
Co obxectivo de incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas de San Valentín organízase esta iniciativa que estará vixente do 5 ao 14 de febreiro (ambos inclusives).
Para participar no sorteo, os clientes deberán rexistrar a súa compra entre o 5 e o 14 de febreiro en ccaverin.com/sanvalentin-2025 ou a través dos códigos QR que están nos carteis, e participará no sorteo que se realizará o día 17 de febreiro a través de Google Sortea. Os gañadores anunciaranse a través das redes sociais (avisarase aos gañadores telefonicamente).
Os gañadores terán o prazo dun mes para gastalo cun máximo de dous establecementos e un máximo de 50 euros.
Corazón
Repartiranse entre os asociados un corazón recortado onde poña «En San Valentín, eu merco en Verín». Os clientes que desexen poderán facer unha foto nos establecementos para promocionar o comercio local.