Xa está na rúa o novo número de Barrios.
A portada non pode ser outra cousa que as presentacións que os concellos fixeron dos seus entroidos. Así, destacan os de Ourense e de Barbadás. Días de moita troula que agardan a provincia enteira para festexar o entroido.
A rúa do Paseo acolle a escultura «Desxeo» que emula o quebrar dun iceberg -cun código QR para escoitar o ruído dun fenomeno desta magnitude-. Obras de mellora da rúa Alejandro Pedrosa; as obras teñen un prazo estimado de execución de 8 meses. O amor chega a Ponte Vella; o Centro Comercial celebra un Speed Dating San Valentín.
En Celanova, a farmacia Carro, sentinela para anticipar a evolución da gripe; a provincia conta con 10 farmacias neste programa piloto. A Deputación coedita xunto ao Grupo Marcelo Macías a guía «Castromao».
Allariz organiza a 21ª edición das Xornadas para a Igualdade. O concello organiza actividades para festexar o Día de Rosalía de Castro. Xa están abertas as incricións para a «Semana Santa ao Vivo».
O Goberno municipal de Barbadás anunciou que unha das prioridades a abordar este ano é o inicio dos traballos de posta ao día do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Barbadás. Medio cento de visitas do Museo da Gaita de Fole durante o 2024. O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar a retirada dos entullos acumulados na explanada situada baixo o viaduto da A52.
Renfe alíase coa provincia para promover o turismo e as viaxes de negocios. Na nova campaña dos «Trens Turísticos» recupéranse as rutas “Ribeira Sacra Sil” e “Valdeorras e Ribeira Sacra”. Xunta e Deputación impulsan a primeira Feira de Educación de Ourense; será no mes de abril en Expourense.
Deportes, opinión, ocio, e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha