A Deputación promove a primeira edición da BTT Resistencia que percorrerá cinco concellos da provincia

A proba ciclista desenvolverase entre o 11 de maio e o 29 de xuño.

A Deputación de Ourense promove a primeira edición da BTT Resistencia Deputación, unha proba ciclista que se desenvolverá en cinco localidades, favorecendo, ademais do fomento do deporte, a promoción da provincia de Ourense.

O deputado de Cultura e Deporte, César Fernández, acudiu á presentación oficial do programa nun acto no patio do Pazo Provincial. Estivo acompañado por representantes do Clube Cilcista Resistencia Ourense, que se encargarán da organización da BTT, concibida como un circuíto de entre cinco e sete quilómetros, que se percorrerá durante tres horas. Tamén acudiron alcaldes e representantes dos concellos polos que transcorrerá a proba.

A BTT Resistencia Deputación desenvolverase entre o 11 de

Presentación da «BTT Resistencia – Deputación Ourense» no pazo provincial. Participan César Fernández Gil (Vicepresidente da Deputación Ourense), José Fernández Taín (Concelleiro da Merca), Isabel Gil Alvarez (Alcaldesa de Ramirás), Rodrigo Aparicio Santamaria (Alcalde da Merca), Antonio Fernández Veiga (Tenente de Alcalde de Xinzo de Liia), Alberto Fernández Taín (Presidente do Asociación Deportiva Ovala2), José Ribo Touza (Presidente Clube Ciclista Resistencia Ourense) e David Carreño.

maio e o 29 de xuño. A primeira localización será A Merca, o 11 de maio. Continuarase en Xinzo de Limia, o 25 de maio, en Ramirás, 8 de xuño, en Quintela de Leirado, o 22 de xuño e en Arnoia, o 29 de xuño.