XVIII Festival Pórtico do Paraíso

Traerá músicas de España, Italia, Portugal e Australia a cinco espazos da provincia.

A Deputación de Ourense patrocina un ano máis o Festival Pórtico do Paraíso, organizado pola Asociación Pórtico Musical, que ofrecerá do 9 ao 18 de maio un total de cinco concertos de músicos procedentes de países como España, Italia, Portugal e Australia.

O deputado de Cultura e vicepresidente primeiro da Deputación, César Fernández, participou  na presentación da programación, nun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Fernández destacou a “simbiose máxica” que consegue este ciclo, “que convirte a Ourense nun lugar único e referente no ámbito musical”.

Pola súa banda, Juan Enrique Míguens, director do certame, destacou como novidades a elección do Pazo de Vilamarín como ubicación e o regreso do formato de concerto aberto ao público, cunha actuación na igrexa das Caldas.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, destacou o Pórtico do Paraíso como “un proxecto diferencial” que “pon en valor espazos patrimoniais”.

A programación
O primeiro concerto será o do cuarteto vocal Qvinta Essençia, de Valencia na igrexa de Santiago das Caldas, o 9 de maio ás 20,30 horas. O segundo concerto será o 11 de maio ás 19,00 horas, no Pazo de Vilamarín, con Irene Brigitte e Pedro Martins. O 13 de maio, ás 10,00 e ás 12,00 horas, está programada a actividade “Música y memes”, no Teatro Principal de Ourense.
A guitarra australiana de Stephanie Jones estará no Liceo de Ourense o 15 de maio, ás 20,00 horas. Pechará esta edición, a número 18, o quinteto de metais valenciano Spanish Brash, no mosteiro de Santa María de Oseira o 18 de maio, ás 19.00 horas.

O festival tamén programa un curso de interpretación no Conservatorio Profesional de Música con Stephabie Jones e con Spanish Brass, os días 16 e 17 de maio.