Barrios 225

Xa está na rúa o novo número de Barrios.

Nesta ocasión, a portada tra os Premios Semente que se entregarán en Xinzo de Limia. O Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín abre as inscricións para o seu “Xurado Novo”. Sarabela Teatro logra o Premio Celanova, Carlos Casares. Barbadás presenta o seu Plan de Obras. Prsentouse o 18º Festival Pórtico do Paraíso.

A provincia despediuse do Entroido ata o ano que vén que será no mes de febreiro. Tamén na provincia reivindicou a igualdade coa celebración do Día Internacional da Mulle o 8M. Neste caso, Cristina Pato será distinguida co Premio Clara Campoamor.
Hostalaría e comercio reivindican o Día do Pai; piden que sexa o terceiro domingo de marzo. O Centro Comercial Ponte Vella sortea 1.000 euros polo Día do Pai.

A Asociación diabética Auria escolleu Allariz para a Andaina Solidaria deste 2025. A reunión do Padroado da Fundación Vicente Risco do pasado 8 de marzo conlevou a toma de posesión da súa nova directiva.

Celanova manexa un orzamento de 5,1 millóns; dous terzos son para gastos correntes e de persoal. O ciclo de humor “Para o que me queda no convento ríome dentro” chegará novamente a Celanova este verán coa súa cuarta edición; celebrarase os días 18 de xullo e 3 de agosto.

Reordenación do tráfico na Valenzá (Barbadás) para mellorar a mobilidade e aumentar a seguridade.

En Verín celébrase a segunda edición do “Pincha no Lázaro”; o certame celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril. Terra de Godello é a nova adega certificada baixo o selo da DO Monterrei.

Deportes, ocio, provincia, e moito máis no novo número de Barrios.

Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha