Aberto o prazo de inscrición na Escola Infantil A Galiña Azul de Xinzo para o curso 2025-2026

Destinado a familias con nenos e nenas en idade de educación infantil.

O período de solicitude estará vixente ata o 4 de abril de 2025, e as persoas interesadas poden formalizar a matrícula de dúas formas:
– De maneira presencial na propia escola infantil
– A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Así mesmo, para calquera dúbida ou aclaración, pódese consultar a información dispoñible na web do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade que xestiona a rede de escolas infantís públicas.

Tamén se ofrece atención directa no teléfono 988 461 049 ou a través do correo electrónico escolainfantil.xinzodelimia@igualdadebenestar.org.