Xa está na rúa o novo número de Barrios.
Dúas novas destacan na portada desta edición: por unha banda a programación da Semana Santa na Diócese de Ourense, sendo a primeira vez que se presentan conxuntamente todas elas; e por outra, a reunión que mantiveron a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na que se abordou un proxecto piloto de refuxio climático.
A Xunta constrúe 64 vivenda públicas en Cambedo da Raia (Ourense). Down Ourense estrea unha nova sede na cidade. O concello da un prazo de tres meses para que os placeiros deixen a Alameda e se instalen na Praza de Abastos. Cristina Pato foi distinguida co Clara Campoamor á igualdade. Arrancan as obras do parque de Canedo cun investimento de 8 millóns de euros.
A DO Monterrei e Expourense continúan co seu vínculo 10 anos despois. Máis de 70 establecementos de Aever abrirán as súas portas o Xoves Santo e sortearán dous cheques de 50 euros -a gastar nun local asociado-.
Barbadás quere que a Deputación desbloquée unha subvención para o local de Sobrado do Bispo. Prazas de estacionamento
exprés na Valenzá; créanse, ademais, prazas para motocicletas e de carga e descarga.
Medio Rural cede medios para combater os lumes; son seis máquinas hidrostáticas polivalentes, enviadas a catro comunidades municipais da provincia e ao Servizo de Prevención e defensa contra os Incendios Forestais. Abertas as axudas de accesibilidade da Xunta.
Deportes, axenda, artigos e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha