Novo número de Barrios na rúa.
A portada deste novo número trae o convenio firmado pola Xunta e Deputación cos regantes da Limia para facerse cargo, os primeiros, dos custos que se teñen que facer cargos os terceiros.
O Concello de Ourense asegura que unha liña de bus unirá San Francisco co Centro de Saúde da Cuña; estará operativa entre xuño e agosto. Allariz ten preparado o programa da Festa do Boi. E en Celanova inaugurouse máis dun quilómetro de senda peonil no río Sampil.
Piñor acolle ás unidades de paliativos e coidados mínimos do CHUO; a área sanitaria pon en marcha a nova unidade
de silicose. Aberto o prazo para as axudas para libros e comedor. Adxudicadas as obras na avenida de Portugal cun investimento superior aos cinco millóns de euros. O Concurso de Pinchos celébrase en xuño coincidindo coas Festas de Ourense.
En Xinzo, Civitas Limicorum inicia o Annus Argenteus; está aberto o período para a elección do cartel da Festa do
Esquecemento. Videovixilancia na avenida de Celanova. CHMS e Concello firman un novo convenio para o Mosteiro de Trandeiras; con este acordo executarase a 2ª fase.
En Celanova, o Centro Sociocomunitario de Celanova acollerá os xoves (ás 16.00h), desde o 8 de maio, o “2º Taller Scrap”. A Manchica mellorará a seguridade viaria cunha rotonda.
Novos alugueiros accesibles en Allariz; a Xunta formalizou tres novos contratos. Chega a “Primavera na Mocidade”con actividades culturais, deportivas e obradoiros. O Concello de Allariz restaurou o Manancial de Santán.
Provincia, deportes, clasificados, opinión e moito máis no novo número de Barrios.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha