Os unionistas foron superiores aínda que na primeira metade non puido pasar do empate a un gol. Unha falta botada de forma excelente por Roberto Dacosta abría o marcador, sendo neutralizada a vantaxe cun gol local a saque de esquina.
A reanudación comezou con varios cambios nas filas visitantes. A presenza de Xaco fíxose notar e del foi o segundo tanto aos poucos minutos do inicio.
Houbo que esperar ata os dez últimos minutos para ver tres goles máis; Cristian, Adrián e Xaco foron os artífices.
Dúas xornadas para que remate a Liga e a UD que ten 82 puntos. O ano que vén xunto aos capitalinos estarán na Primeira Rexional o Arnoia que certificou nesta xornada o ascenso de categoría.
Na parte baixa, o Atlético Velle xa está descendido. Nas outras dúas posicións de descenso están o Barra de Miño (26 puntos) e Coles (27). O Trives, aínda que fóra do descenso, está en zona perigosa; a un punto do descenso.