“Pazolandia”, o maior parque de atraccións estacional de Galicia, cumpre este ano 27 edicións, sendo o referente do ocio infantil navideño. Esta actividade, organizada pola Deputación de Ourense, contará este ano con máis de 100 propostas de ocio para nenos e mozos, repartidas en 8.000 metros cadrados no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Serán 9 días e un total de 17 sesións, repartidas entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas (exceptuando o 31 de decembro –pechado todo o día- e o 1 de xaneiro –pechado pola mañá).
As entradas pódense adquirir nas taquillas do recinto e tamén por Internet na páxina www.pazolandia.es. O prezo da entrada –que inclúe o acceso gratuíto a todas a atraccións- mantense nos 4 euros de pasadas edicións, sendo de 3 euros para os nenos que veñen a través dos concellos da provincia e de centros de acollida.
Atraccións clásicas de feira, obradoiros, animación, ludotecas, multiespazo de videoxogos coas últimas novidades, obradoiro de realidade virtual, inchables, en total preto de 8.000 metros cadrados nos diferentes espazos do pavillón e nos exteriores da instalación dedicados ao ocio infantil e xuvenil.
Nas sesións de mañá e tarde, Pazolandia realizará sorteos diarios de cestas de nadal, bicicletas, lotes de material deportivo, pequenos electrodomésticos, tabletas, teléfonos móbiles e patíns. Cada neno recibe coa entrada un vale para estes sorteos.
Os concellos asistentes serán: Día 26: Arnoia, Cualedro, Paderne de Allariz, Oimbra, Esgos, Monterrei Cea e Cualedro e A Peroxa; día 27: Laza, Maceda, Melón, Cartelle, Bande, A Mezquita, Maside, Castro Caldelas, Sandiás, A Pobra de Trives, Carballeda de Avia, Rairiz de Veiga, A Merca, Nogueira de Ramuin, Taboadela e Pontedeva; día 28: Quintela de Leirado, Entrimo, Toén e Vilar de Barrio; día 29: Cortegada, Leiro, Vilariño de Conso e Punxín; día 30: Xunqueira de Espadanedo, Sarreaus, Pereiro de Aguiar, Xunqueira de Ambía, Os Blancos, O Irixo, Lobios, Vilar de Santos, Avión e Porqueira; día 2: Cenlle, Baños de Molgas, Ribadavia, Riós e San Cibrao; día 3: Beade, Boborás, Piñor, Celanova, Castrelo de Miño, e día 4: Parada do Sil.
Autobús de balde na cidade
A Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Ourense, pon a disposición dos ourensáns un servizo de autobús gratuíto a “Pazolandia”.
Esta liña de autobuses sairá regularmente desde a parada do Parque de San Lázaro (na rúa Juan XXIII) ata o Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde está instalado o parque de atraccións, facendo as paradas habituais do percorrido. O horario de saída do autobús desde o Parque de San Lázaro será, en horario de mañá, ás 10.30, 11.30, 12.30 e 13.30 horas e, pola tarde, ás 16.30, 17.30, 18.30, e 19.30 horas. Os horarios de regreso desde “Pazolandia” serán, pola mañá, ás 11, 12, 13 e 14 horas e, pola tarde, ás 17, 18, 19 e ás 20 horas.