A pesar dunha xornada marcada pola choiva, 350 persoas participaron este domingo 3 de abril na andaina ‘Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo’, organizada polo Concello de Verín e Asociación de sendeirismo Ruta das Augas.
A andaina, cunha distancia de 19,800 quilómetros, percorreu a ‘Ruta dos Carros’, unha antiga vía que comunicaba o núcleo de Cabreiroá (Verín) co de A Veiga das Meás (Vilardevós), rehabilitadas polos alumnos dos módulos de xardinería e carpintería dos obradoiros de emprego ‘Pozo do Demo’. Os participantes recibiron avituallamento e pinchos.
Na Andaina ‘Ruta dos Carros. Subida ó Pozo do Demo’” colaboran a Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Saudeter, Cruz Vermella, Protección Civil, Cadena COPE, BTT Verín, Club Ciclista Verín, Os Trotamoteiros, Mariaje García (Tiras Neuromusculares y Masaje Deportivo), Senderistas de Monterrei. E os patrocinadores da mesma son: Augas de Cabreiroá, Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), Denominacion de Orixe de Monterrei, GADIS, HortoVerín S.L., Multisport Verín, Hi-Tec e Coca-Cola.