A tarde de Reis tiña unha cita benéfica no estadio do Couto. O partidos entre o Barbadás e o Ourense para recadar fondos a prol da Asociación ATOX de axuda ao toxicómano.
A diferenza de categoría (Barbadás en Terceira División e o Ourense en Terceira Rexional) plasmouse nun terreo de xogo do estadio do Couto que se abriu por primeira vez este recén estreado 2015. A vitoria foi para o equipo de maior categoría; os de Peluso venceron por 4-0 nun partido que nin uns nin outros puideron sacar nada en claro de cara a Liga. Os goles do Barbadás foron obra de Isi e Nacho Currás, na primeira metade e de Alberto e Jorge De Dios, no segundo período.
Os de Peluso están negados cara ao gol nas últimas xornadas e iste amigable, a pesar dos catro goles, non supoñen, a priori, un revertimento da situación. Pola contra, a UD Barbadás é a primeira vez que non ten ocasións claras nun encontro. Non remataron unha soa vez a portaría.
Preto dunhas 400 persoas presenciaron nas gradas do Couto este partido. Toda a recadación ía destinada a Asociación ATOX de axuda ao toxicómano.
No descanso do partido, a Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense actuou baixo a atenta mirada do público. Ao finalizar a súa actuación brindáronse a realizar o himno do novo equipo da cidade.