Segundo o voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, deste xeito “queda garantido que a concesionaria cumpra coas súas obrigas laborais cos traballadores.
A iniciativa do PSdeG está directamente relacionada co conflito vivido recentemente polas traballadoras da limpeza de dependencias municipais de Barbadás coa empresa Linorsa. Valcárcel inclúe na moción presentada que se inice un expediente sancionador contra a adxudicataria do servizo.
Segundo o líder socialista “a introducción de cláusulas sociais debe servir para cambiar certas actitudes das empresas que se resisten a avanzar na aplicación de normativas que, sen ser obrigatorias, contribúen a fortalecer a igualdade de sexos e a avanzar na aplicación de políticas sociais e na defensa dos dereitos de traballador@s, evitando, por exemplo, o impago de nóminas”. Valcárcel refírese ás 10 persoas que perciben salarios “máis ben escasos (algún non supera os 150 euros mensuais), pero que axudan a superar unha situación familiar moitas veces difícil”.
O voceiro do PSdeG lembra que os incumprimentos coas traballadoras comezaron no mes de outubro de 2013 con pequenas incidencias no pago das nóminas. Estas anomalías van en aumento, detalla Xosé Carlos Valcárcel, de xeito que as nóminas de xullo e agosto de 2014 non son aboadas ás empregadas ata o mes de setembro. A partir desa data os retrasos son sistemáticos e continuados, reprocha o voceiro socialista.
A proposta foi presentada o 28 de decembro e nesa data a empresa aínda tiña pendente o pago do 50 % do salario do mes de novembro. Segundo Valcárcel a paga extraordinaria de Nadal, só foi pagada nunha porcentaxe do 30 %. Para Valcárcel o máis grave é que “Ó parecer esta sitación vai seguir así ata o mes de marzo de 2015”.
Segundo os socialistas “esta situación é absolutamente intolerable en calquera empresa, pero moito menos nunha que presta un servizo para o Concello de Barbadás e que percibe puntualmente o importe establecido no convenio”.