Emitiu un comunicado no que expresan o seu «recoñecemento» e «gratitutde» polo «inmenso traballo» desenvolvido por Soto como concelleira de Urbanismo.
Nunha reunión extraordinaria celebrada o 12 de xaneiro, a Executiva Local do PSdeG-PSOE analizou a dimisión de Áurea Soto e emitiu un comunicado no que amosa o seu «recoñecemento» e «gratitude» polo» inmenso traballo» de Aurea Soto como concelleira de Urbanismo, Infraestructuras e Servizos Xerais do Goberno municipal de Ourense, onde desenvolveu «con extraordinaria dedicación, entrega, lealdade e honestidade o programa político do PSdeG-PSOE».
A Executiva Local recoñe a «entrega e inxente tarefa na defensa insobornable dos intereses xerais da cidade e de todos os seus veciños e as súas veciñas» da dimitida concelleira, así como a súa achega persoal «á democratización do urbanismo ourensán para poñelo ao servicio do interese público, a implantación dun cambio da cultura e do modelo anterior a 2007 dominado por grupos de interés privados e operacións especulativas, á xestión da dificilísima situación herdada pola anulación do Plan Xeral do PP, e á redacción e aprobación inicial dun novo Plan Xeral firmemente ancorado no interese xeral».
Ademais, os socialistas ourensáns reivindican «a honestidade persoal e política» de Áurea Soto e «a súa valentía para impedir que os intereses privados seguiran prevalecendo no Concello fronte ao interese xeral da cidade e da cidadanía».
Por último, a Executiva Local socialista garante que «o Partido Socialista e o Goberno municipal seguirán desenvolvendo coa misma firmeza que ata agora a política urbanística de tolerancia cero á especulación, e de defensa do público, do interese xeral da cidade e dos proxectos estatéxicos impulsados desde 2007 no Concello, ancorados agora nun urbanismo legal, moderno, racional e sustentable».