Este venres 16, o Auditorio albergará a partir das 20.30 h o espectáculo Noites de Retranca, onde o protagonista será o humor, ese humor negro e retranqueiro que tanto nos caracteriza.

Cun elenco de luxo formado por Maquiña, Rober Bodegas e Luis Zahera como artistas principais e Mofa e Befa como condutores do espectáculo. Ese mesma tarde, a Banda Municipal ofrecerá un concerto no Liceo ás 20 h.

O día seguinte, o sábado 17 ás 20.30 h, cambiamos de xénero e será o turno do teatro da man da obra «Vagos y Maleantes», da compañía Sudhum Teatro. «Vagos y Maleantes» cóntanos a historia da evolución da lei do Código Penal español do 4 de agosto de 1.933, referente ao tratamento de vagabundos, errantes, proxenetas e calquera outro elemento considerado antisocial. O poder da imaxe, a política, o meda ao diferente, a represión, a loita, son temas dos que fala.

Finalmente o día 18 ás 12 h, permanecemos fieis a programación infantil que domingo tras domingo refrenda o éxito entre os máis pequenos e as súas familias. A actividade organizada para o domingo é «Donde viven los monstruos», adaptación do libro «Where the wild things are» de Maurice Sendak. Max é un neno que pasa o día facendo trasnadas, a súa nai, cansa coa situación castígao. Enfadado, decide viaxar a un mundo marabilloso onde viven os monstros, un lugar diferente. Max vivirá aventuras extraordinarias ata converterse en rei, unha tarefa máis difícil do que el pensa. Pola tarde, a partir das 18 h, terá lugar unha nova proxección da película A Esmorga, que regresa ao Auditorio tras varios pases cun grande éxito de acollida.

As entradas para as actuacións pódense adquirir en www.servinova.com ou desde dúas horas antes do comezo de cada espectáculo na billeteira do Auditorio.