“Debemos traballar en rede cooperativa e transversalizar o proxecto galeguista”, dixo a política.
Ana Bande Domínguez volveu ser elexida secretaria local de Ourense respaldada polo 97% dos membros da agrupación local. Entre os seus compromisos destaca dous como obxectivos principais; primeiro “traballar en rede cooperativa sendo xenerosos a prol de mellorar a vida dos cidadáns, semella que o espazo de confluencia podera ser Ourense en Común, pero esto sempre será decisión da organización nunha asamblea local”. De ser así CxG Ourense replicaría o modelo de ir na Marea como dita organización está a facer en Lugo ou a Coruña.
E en segundo lugar “seguir introducindo o proxecto galeguista e socialdemócrata na sociedade ourensá”. A executiva local de Ana estará configurada por Oscar Carballo responsable de Estratexia e Comunicación, Marcial Ferreiro como responsable de organización e finanzas, ademais de Maló Atrio, Xosé Mosquera, Marco Valerio, Marisa Seara e Luís Martínez Risco.
Na mesma liña, Ana Bande, secretaria local de CxG declarou que “debemos seguir avanzando para dotar aos cidadáns dunha representación plenaria que esté a altura do que os cidadáns de Ourense se merecen”.