O hospital continúa a manter unha alta porcentaxe de ocupación e o descenso de atencións urxentes fai prever unha progresiva diminución dos ingresos que estes días superaban a súa media habitual.

 

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense informe que a actividade cirúrxica e atención de pacientes tanto urxentes como programados, no Complexo Hospitalario Universitario  está «plenamente garantida con criterios de calidade, pese á alta demanda asistencial que se vén rexistrando estes días, derivada da incidencia na saúde da poboación do repunte da onda de gripe, que estes días está a acadar seu maior nivel de casos».

Como todos os, coincidindo co habitual repunte de atencións urxentes derivadas do agravamento da saúde causada pola gripe, e as infeccións respiratorias, nos pacientes de idade avanzada e crónicos con pluripatoxía, aumenta o número de ingresos urxentes, que maioritariamente son hospitalizados nos Servizos de Medicina Interna e Neumoloxía, que de acordo coas previsións incrementarono seu número de camas dispoñibles.

A porcentaxe de ocupación de Medicina Interna e Neumoloxía continúa a ser elevada, ao igual que en días pasados. Neumoloxía ten na actualidade 63 camas ocupadas fronte a súa media anual de 20-22 camas ocupadas (220%) e Medicina Interna está a atender a 278 pacientes ingresados, cunha ocupación media do 120%, tendo en conta que súa media anual é de 170-180. Para iso, Medicina Interna conta cun cadro médico formado por 30 especialistas, a ratio de internistas máis alta dos hospitais do Sergas, «e por tanto perfectamente dimensionada para atender periodos de repunte de ingresos urxentes», recalcan os responsables sanitarios da provincia nun comunicado.

«É importante resaltar que a media de pacientes atendidos por facultativo, considerada óptima polos distintos estándares, e pola propia Direccion do complexo, é de 12 a 14 ingresos por internista, ratio que se esta manter pese ao incremento de ingresos».

O adianto do repunte de gripe en Nadal coincidíu co periodo vacacional e de libranzas de gran parte dos facultativos do Servizo de Medicina Interna, polo que a dirección debeu proceder a solicitar a súa incorporación, para evitar a sobrecarga de traballo dos internistas en activo.

Mantemento da actividade cirúrxica
A Xerencia recoñece que para garantir a dispoñibilidade de camas para ingreso urxente, en previsión de que foran necesarias, entre a semana pasada e esta, reprogramáronse seis intervencións programadas para realizalas en días vindeiros, «todas elas de patoloxías non urxentes nin oncolóxicas nin prioridade 1».

Tamén de cara ao máximo aproveitamento dos recursos, mantendo a dispoñibilidade de camas e actividade cirúrxica, reordenouse a programación de quirófanos, aumentando a realización de intervencións de Cirurxía Maior Ambulatoria. Con iso, logrouse manter o nivel de actividade cirúrxica, que de feito coincide coa asumida no mesmo periodo do pasado ano 2014, con 458 intervencións realizadas na primeira quincena de xaneiro.